Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Inclusión > Plans e proxectos > II Plan galego de inclusión social

plans de inclusión social

II Plan galego de inclusión social (2007-2013)

O principal instrumento de loita contra a pobreza e a exclusión social

O II Plan Galego de Inclusión Social constitúe unha iniciativa integral da Secretaría Xeral de Familia e Benestar cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia. Ten por obxectivo promover a integración social e facilitar o acceso e reincorporación a un mercado de traballo que debe estar aberto tamén ás persoas que se atopan nunha situación aguda de exclusión social e/ou paro estrutural.

Na estratexia do II Plan Galego de Inclusión Social vertébranse medidas e recursos específicos do plan con outros externos, tanto públicos como privados, que operan coa súa poboación destinataria. O traballo en rede como principio de actuación promove a transversalidade e coordinación das súas actuacións e, en consecuencia, favorece o uso óptimo dos medios dispoñibles no territorio. Deste xeito, e xunto coa posta en marcha de 28 equipos de inclusión sociolaboral, o plan convértese nun instrumento eficaz para compensar as dificultades de acceso aos recursos sociais que existen en Galicia, dada a elevada dispersión da súa poboación no territorio.

Ademais, o II Plan Galego de Inclusión Social integra as seguintes medidas específicas como liñas estratéxicas de actuación para abordar a multidimensionalidade dos factores que inciden nas situacións de pobreza e exclusión:

• Plan Especial para a Convivencia e Integración do Pobo Xitano en Galicia.

• Programa de Atención a Persoas Sen Teito e Situacións de Pobreza Cronificada.

• Colaboración activa de máis de 60 entidades e ONG, que realizan, en coordinación coa Rede de equipos e con apoio económico da Secretaría Xeral de Familia e Benestar, accións favorecedoras para integración social e laboral das persoas pertencentes a colectivos en exclusión social.

• Módulo de preparación para a liberdade no Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña).
Nota: nos documentos anexos este programa figura como “Módulo Xove”, non obstante, a partir do ano 2009 pasou a atender participantes de todas as idades, pero perto de acadar a liberdade.

• Intervencións con enfoque territorial.

• Revisión e mellora do sistema de rendas mínimas para a inclusión social.

 

Emerxencia social

 

Programa "Sen teito"

Dirixido a:  persoas sen fogar e transeúntes.

Consiste no desenvolvemento tanto na rúa como nos albergues e demais servizos de acollida dependentes da Cruz Vermella Española e nos termos municipais da Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela...