Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Guí­as

Guía para coidados no contorno familiar

  • Descrición longa:

     

    Dende a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, no marco do programa "Xuntos nos coidados" poñemos nas súas mans 25 fichas visuais e prácticas que pretenden facilitarlle a vostede, como persoa coidadora as pautas que deberán seguir nas tarefas básicas de coidado: aseo, mobilizacións, alimentación... Distribúense igualmente en formato dixital para facilitar o seu uso.

    Debemos lembrarlle que as accións que se amosan son recomendacións e consellos elaborados por profesionais do eido da saúde, que non poden nin pretenden substituír o asesoramento do seu profesional de referencia.

    Suxerimos que todas aquelas persoas que sigan estas pautas teñan en consideración as recomendacións xerais que aquí se recollen e as advertencias específicas que lle traslade o seu profesional de referencia.

    A Consellería de Política Social en ningún caso poderá facerse responsable dos prexuízos ocasionados polo mal uso desta información.

Vídeos relacionados
Documentos relacionados