Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Discapacidade > Dependencia > Graos nos que se clasifican as situacións de dependencia

DEPENDENCIA

Graos nos que se clasifican as situacións de Dependencia

Na valoración das persoas establécense graos de dependencia que determinan a cantidade e tipo de axuda que se necesita doutra persoa.

Hai tres graos de dependencia:

  • Grao I. Dependencia moderada: cando a persoa necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria, polo menos, unha vez ao día ou ten necesidades de apoio intermitente ou limitado para a súa autonomía funcional.
     
  • Grao II. Dependencia severa: cando a persoa precisa axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria dúas ou tres veces ao día, pero non quere o apoio permanente dun coidador ou ten necesidades de apoio extenso para a autonomía funcional.
     
  • Grao III. Gran dependencia: cando a persoa precisa axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria varias veces ao día e, pola súa perda total de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial precisa do coidado indispensable e continuo doutra persoa ou ten necesidade de apoio xeneralizado para a súa autonomía funcional.

O grao de dependencia dunha persoa pode revisarse en función da melloría ou empeoramento da súa situación de dependencia.

Os accesos ás prestacións realizarase de xeito progresivo de acordo co seguinte calendario:
  • Ano 2007: persoas valoradas en grao III, gran dependencia, niveis 1 e 2.
  • Ano 2008 e 2009: persoas valoradas en grao II, dependencia severa, nivel 2.
  • Ano 2009 e 2010: persoas valoradas en grao II, dependencia severa, nivel 1.
  • Ano 2011 ata o 31/12/2011: persoas valoradas en grao I, dependencia moderada, nivel 2, e se lles recoñecera a concreta prestación.
  • A partir do 1 de xullo do ano 2015: ao resto de persoas que foron valoradas no grao I, dependencia moderada, nivel 2, e as persoas valoradas en grao I, dependencia moderada, nivel 1.

 

discapacidade