Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Formacion

Formación

Seminario sobre o Senfogarismo en Galicia: deseñando as políticas de futuro

  • Contidos:

     

    O vindeiro 28 de novembro vai ter lugar, en Santiago de Compostela, o Seminario sobre o Senfogarismo en Galicia: deseñando as políticas de futuro. O evento está organizado pola Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social, en colaboración coa Cruz Vermella e diríxese a representantes e profesionais de entidades públicas e privadas que traballan a prol da inclusión social, e de xeito concreto con programas ou servizos dirixidos a atender ás persoas sen fogar.

    O seminario contextualízase nun momento no que se comeza a preparar o futuro Plan de Atención ás Persoas sen Fogar de Galicia, que ten previsto lanzar a Xunta de Galicia o próximo ano. Por este motivo, buscará identificar tendencias e cuestións clave en materia de senfogarismo, así como recoller propostas e consideracións que apoien a súa fundamentación.

    No programa que se xunta figuran o contido e a estrutura da actividade, así como o procedemento de inscrición para participar nela.

Documento adxunto

 

Infancia