Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Familia > Escolas infantí­s

FAMILIA

Escolas infantís


Qué son as escolas infantís?


As escolas infantís 0-3 son centros educativos que desenvolven o seu labor no primeiro ciclo da educación infantil, atendendo a nenas e nenos de 0 a 3 anos, proporcionando unha atención integral sen distinción de raza, sexo, condición social ou económica, a través dun programa global que garante o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos nenos e das nenas.

Qué servizos prestan?

- Atención educativa
- Servizo de comedor
- Horario amplo


Qué tipo de escolas hai en Galicia segundo a súa titularidade?


A rede autonómica de escolas infantís está integrada por:

En Galicia, ademais dos centros pertencentes á rede autonómica de escolas infantís existen outras escolas infantís públicas ou financiadas, total ou parcialmente, con fondos públicos, que son as seguintes:

Cómo se accede ás escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais?


As familias interesadas deberán presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido na resolución de adxudicación de prazas que se publica no Diario Oficial de Galicia.
Os impresos estarán dispoñibles nos enderezos electrónicos https://sede.xunta.gal e http://www.politicasocial.xunta.gal e facilitaranse tamén nos propios centros nos que se solicite praza e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.

A información  relativa ao procedemento poderase consultar na páxina web: http://www.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos así como nos teléfonos: 
012, 981 185755, 982 294354, 988 386595, 986 817704, 981 545666.


As solicitudes de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As solicitudes de renovación de praza deberán presentarse en soporte papel na propia escola infantil ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cómo se accede ás escolas infantís dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar?


As familias interesadas deberán  presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido na resolución da Xerencia do Consorcio cuxo anuncio se publica no Diario Oficial de Galicia.
Os impresos de solicitude facilitaranse nesta misma páxina ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (ver apartados de documentos e enlaces relacionados ao final desta páxina)
(http://www.igualdadebenestar.org).
As solicitudes xunto coa documentación requirida presentarase na escola infantil para a que se solicita praza, sen prexuízo do disposto nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015 citada.


Requisitos para ser adxudicatario/a de praza nas escolas infantís da rede Autonómica.

  • Que o neno ou a nena xa nacese no momento de presentación da solicitude e teña a súa residencia en Galicia.
  • Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil na que obteña praza e non teña cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2018. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.

A relación de documentación necesaria para solicitar praza nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, pódese consultar na Guía do Cidadán  

Requisitos novo ingreso Axencia
Requisitos novo ingreso Consorcio
Prezos 


Os prezos que deberán pagar as persoas usuarias serán os establecidos no Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís dependentes da Consellería de Política Social.
Cómo se accede ás escolas infantís municipais?
Para acceder ás escolas infantís municipais deberán dirixirse á escola infantil para a que desexen solicitar praza ou ao concello correspondente.
Cómo se accede ás escolas infantís dependentes de entidades privadas de iniciativa social?

Para solicitar praza nas escolas infantís dependentes de entidades privadas de iniciativa social, deberán dirixirse á escola infantil na que se desexe solicitar praza.

Cómo se accede ao Bono Concilia?


O Bono Concilia é un programa de axudas económicas directas ás familias para colaborar no pago dunha praza nunha escola infantil privada da súa elección, naqueles casos de nenos ou nenas que queden en lista de espera nas escolas infantís públicas ou financiadas con fondos públicos, ou residan en localidades nas que non existen prazas públicas.

Aquelas persoas solicitantes que desexen optar ao Bono Concilia deberán cubrir o apartado correspondente na solicitude de praza pública e asinar as declaracións responsables recollidas no anexo específico para candidatos/as ao Bono Concilia. Aquelas outras persoas que residan en localidades nas que non existen prazas públicas deberán presentar a súa solicitude nos prazos establecidos na orde anual de convocatoria.

 

Rede galega de escolas infantís

Web das escolas infantis de Galicia

Recursos, eventos, actividades, novas, blogs, ...