Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Dependencia > Dependencia > Preguntas frecuentes

DEPENDENCIA

Preguntas Frecuentes

  • Que é autonomía?

    É a capacidade percibida de controlar, afrontar e tomar, por propia iniciativa, decisións persoais sobre como vivir de acordo coas normas e preferencias propias, así como a capacidade de desenvolver as actividades básicas da vida diaria.
     

  • Que é dependencia?
     
    O estado de carácter permanente no que se encontran as persoas que, por razóns derivadas da idade, enfermidade ou discapacidade e ligadas á falta ou á perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan a atención doutra ou doutras persoas ou axudas importantes para realizar as actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, doutros apoios para a súa autonomía persoal. En consecuencia, deben darse tres circunstancias para que unha persoa se encontre en situación de dependencia:

    • A existencia dunha limitación (física, intelectual ou sensorial) que mingua determinadas capacidades da persoa.

    • A incapacidade da persoa para realizar por si mesma as actividades da vida diaria.

    • A necesidade de asistencia por parte dunha terceira persoa. A dependencia pode afectar calquera persoa, sexa cal sexa a súa idade, malia, coa idade, aumentaren os problemas de saúde e, con eles, as posibilidades de atoparse en situación de dependencia.
       

  • Que son as actividades básicas da vida diaria?

    Son as tarefas máis elementais da persoa que lle permiten desenvolverse cun mínimo de autonomía e independencia, tales como:

    • O coidado persoal: asearse, lavarse e coidar o aspecto persoal; controlar as necesidades de micción e defecación e utilizar o servizo; vestirse; comer e beber. As actividades domésticas básicas: realizar as compras e controlar as subministracións e servizos; ocuparse das comidas, limpeza, lavado e pasado de roupa; mantemento da casa.

    • A mobilidade esencial: cambiar e manter diversas posicións do corpo; erguerse, deitarse, permanecer de pé ou sentado; desprazarse dentro do fogar; desprazarse polo contorno; desprazarse por distintos lugares.

    • As funcións básicas de tipo mental/intelectual: recoñecer persoas e obxectos; orientarse; entender e executar ordes e tarefas sinxelas. A maior ou menor dificultade para realizar estas actividades require a atención dos servizos sociais, pero só a imposibilidade ou grave dificultade para realizar aquelas que se consideren básicas levará consigo o recoñecemento do dereito á prestación por dependencia.
       

  • Quen pode beneficiarse desta Lei na Comunidade Autónoma Galega?

    • 1º. Terán dereito á protección da lei os españois que cumpran os seguintes requisitos:

      • Encontrarse en situación de dependencia nalgún dos graos establecidos.

      • Residir no territorio español durante, polo menos, cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude, e residir, no momento da presentación da solicitude, nalgún dos concellos de Galicia.

      • Menores de 3 anos: o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia atenderá, sen prexuízo dos servizos establecidos en educación e sanidade, as necesidades de axuda a domicilio e, se é o caso, prestacións económicas vinculadas a prol dos menores de tres anos que presenten graves discapacidades (disposición adicional 13).

    • 2º. As persoas que, malia reuniren os requisitos anteriores, carezan de nacionalidade española rexeranse polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais e nos convenios que se estableza no país de orixe.

    • 3º. O Goberno poderá establecer medidas de protección a prol dos españois non residentes en España.

    • 4º. Os emigrantes retornados terán dereito aos servicios asistenciais do catálogo de recursos do SAAD, en igual contido e intensidade do resto dos cidadáns.
       

  • Como se aplicará a Lei no tempo?

    Consultar a sección: "Graos de dependencia"

     

  • Cal é o procedemento para solicitar o acceso ás prestacións e recursos do SAAD?

    Consultar a sección: "Procedemento de solicitude"

     

  • Cales son os servizos e prestacións do SAAD? 

    Consultar a sección: "Catálogo de prestacións"  

  • Que atencións específicas contempla a Lei para os menores de 3 anos?

    Segundo o Plan Individual de Atención (PIA) correspondente poderán acceder a:

    • Axuda a domicilio.

    • Prestación económica vinculada ao servizo de axuda no fogar.

    • Prestación económica para coidados no entorno familiar e apoio a coidadores non profesionais.
       
  • Como se regula a Seguridade Social dos coidadores non profesionais do entorno familiar?

    Segundo o Decreto 15/2010 do 4 de febreiro, poderán asumir a condición de coidadores non profesionais dunha persoa en situación de dependencia:

      • o seu cónxuxe

      • os seus parentes por consanguinidade, afinidade ou adopción, ata o 3º grao de parentesto

      • excepcionalmente unha persoa do seu contorno.

      Esta prestación é excepcional e para o seu acceso, ademáis de ter a condición de familiar non profesional, deberase de acreditar tódolos requisitos esixidos para elo.  

  • o A partir do 16 de xullo de 2012 o convenio especial de coidadores non profesionais de persoas en situación de dependencia regulado no Real Decreto 615/2007, do 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia, terá, para os coidadores non profesionais, carácter voluntario e poderá ser suscrito entre o coidador non profesional e a Tesourería Xeral da Seguridade Social.


    o As cotizacións á Seguridade Social polo convenio especial indicado no apartado anterior serán a cargo exclusivamente do suscriptor do mesmo.


    o Os convenios especiais surtirán efectos dende a data da solicitude de suscripción do convenio especial.


    o Os convenios especiais no Sistema da Seguridade Social dos coidadores non profesionais existentes ao 16 de xullo de 2012 extinguense o 31 de agosto de 2012, salvo que o suscriptor solicite expresamente o mantemento do mesmo con anterioridade ao día 1 de novembro de 2012, en cuio caso entenderase subsistente dito convenio dende o día 1 de setembro de 2012.
    Neste último suposto, dende o día 1 de setembro ata o 31 de decembro de 2012 a cotización á Seguridade Social terá unha reducción do 10% no total da cuota a abonar, sendo a cargo da Administración Xeral do Estado o 5% do total da cuota e o 85% restante a cargo do coidador non profesional.


    A partir do día 1 de xaneiro de 2013, o convenio especial será a cargo exclusivamente do coidador non profesional.
     

       

  • Cales son as características do Convenio Especial dos Coidadores Non Profesionais?
    • Respecto á acción protectora deste convenio, será a efectos de xubilación, incapacidade permanente, morte e supervivencia, derivadas de accidente ou enfermidade (enténdese polo tanto que non cubre prestación por desemprego nin incapacidade temporal).
  •  

    • A base mensual de cotización será o tope mínimo do Réximen Xeral da Seguridade Social.

     

  • Deben participar os beneficiarios no custo das prestacións? 
    • Os beneficiarios das prestacións de dependencia participarán no seu financiamento segundo o tipo e o custo do servizo e a súa capacidade económica. Ningunha persoa deixará de recibir atención por falta de recursos.
       

Como se calcula a capacidade económica dos beneficiarios do SAAD?

A capacidade económica da persoa calcúlase con arreglo a súa renta e patrimonio, computándose todos os seus ingresos (pensións, rendementos do traballo, rendementos de capital...) e un tanto por cento do seu patrimonio cando éste supera o mínimo exento para a declaración do imposto sobre o patrimonio. Cando o beneficiario das prestacións do sistema teña cónxuxe ou parella de feito, entenderase como renda persoal a metade da suma de ingresos de ambos. Tamén se terá en conta no cálculo da capacidade económica do beneficiario a existencia de ascendentes ou descendentes menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade, que dependan económicamente dela.
 

Son compatibles as prestacións e servizos?

A Orde do 2 de xaneiro de 2012 , recolle no artigo 18 o réximen de compatibilidades do sistema, de xeito que:

    Todas as prestacións son compatibles entre sí nunha intensidade parcial, si así se determinase no programa individual de atención, a excepción dos servizos de prevención e teleasistencia que serán compatibles co resto das prestacións nunha intensidade completa, a excepción co servizo de atención residencial no caso da teleasistencia

    As libranzas de coidados no contorno familiar será compatible con outro servizo ou libranza nos períodos de respiro da persoa coidadora non profesional, tendo en conta que os períodos de respiro da persoa coidadora terán unha duración máxima de 45 días ao ano.


     

As axudas económicas da dependencia hai que incluílas na Declaración da Renda?

Segundo se establece na Disposición Adicional Sexta da Lei 39/2006, as prestacións públicas vinculadas ao servizo para coidados no contorno familiar e de asistente persoal que se derivan da lei de promoción de autonomía e atención ás persoas en situación de dependencia, están exentas de cómputo na Declaración da Renda das Persoas Físicas.


 

Por que se deducen das contías das libranzas de dependencia outras prestacións?

Segundo o artigo 31 da Lei 39/2006 se deducirán das cuantías de libranza recoñecidas, calquera outra prestación de análoga natureza (é dicir prestacións destinadas a axuda de terceira persoa) como son:

    O complemento de gran invalidez.

    O complemento da asignación económica por fillo a cargo maior de 18 anos con un grao de minusvalía igual ou superior ao 75 %.

    O complemento de necesidade de outra persoa da Pensión Non Contributiva de invalidez

    O subsidio de axuda a terceira persoa da LISMI.
     

Cando a persoa recibe a resolución do PIA coa concesión dunha libranza económica, que debe facer?

Coa notificación do PIA infórmase das características da libranza que se recoñecen, indicando que para facerse efectiva debe acreditar:

    No caso de libranza vinculada, no prazo de trinta días naturais dende a notificación da resolución do procedemento, o interesado debe acreditar ante a xefatura territorial da Consellería con competencias en materia de servizos sociais,  mediante fotocopia compulsada do orixinal da factura emitida ao efecto ou certificación acreditativa da entidade prestadora do servizo, que efectuou o gasto do servizo ao que se vincula a libranza concedida

    No caso de libranza para asistencia Persoal, no prazo dun mes dende a notificación da resolución do procedemento, o beneficiario deberá de aportar á xefatura territorial da Consellería con competencias en materia de servizos sociais copia do contrato suscrito co asistente persoal, e neste suposto certificado da Seguridade Social que acredite que o asistente persoal reúne as condicións de afiliación, alta e cotización á Seguridade Social,  ou coa empresa de servizos e, de ser o caso, acreditar, mediante fotocopia compulsada do orixinal da factura emitida ao efecto ou certificado acreditativo da entidade prestadora do servizo, que efectuou o gasto ao que se vincula a libranza concedida.

    Nos supostos de libranzas vinculadas á adquisición dun servizo e de asistente persoal, o beneficiario deberá xustificar cuadrimestralmente que durante este período mantivo os requisitos para o disfrute da libranza concedida e que utilizou o servizo ao que está vinculada, sen perxuízo das xustificacións complementarias que se poidan esixir cando se dean circunstancias obxectivas que así o demanden. Esta xustificación presentarase inicialmente, dentro do mes seguinte a aquel no que remate o cuadrimestre en curso ao que corresponda o primeiro pago, aínda que este período inicial de xustificación corresponda a un período inferior a catro meses. As sucesivas xustificacións realizaranse no mes seguinte ao remate dos vindeiros cuadrimestres.

    No suposto da libranza de coidados no contorno familiar o beneficiario deberá de xustificar anualmente que durante este período cumpriu os requisitos que motivaron a concesión da libranza, sen perxuízo das xustificacións complementarias que se poidan esixir cando se dean circunstancias obxectivas que así o demanden. No seu caso, deberá de acreditar que segue reunindo as condicións de afiliación, alta e cotización á Seguridade Social do coidador. Esta xustificación presentarase inicialmente dentro do mes seguinte a aquel ao que remate o ano natural ao que corresponda o primeiro pago, aínda que este período inicial de xustificación corresponda a un período inferior a un ano. As sucesivas xustificacións realizaranse no mes seguinte ao remate dos vindeiros anos.

    Asemade o beneficiario, ou o seu representante, deberá de comunicar á xefatura territorial da Consellería con competencias en materia de servizos sociais, no prazo máximo de trinta días naturais, calquera variación das circunstancias que foron determinantes para a resolución do seu expediente.