Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Dependencia > Dependencia > Persoas Beneficiarias

DEPENDENCIA

Persoas Beneficiarias

Poden acollerse ás prestacións e servizos da Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás personas en situación de dependencia todos os cidadáns do Estado español que se encontren en situación de dependencia e que leven residindo no territorio estatal cando menos cinco anos, dous deles inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.

Tamén son beneficiarios da Lei os menores de tres anos que presenten graves discapacidades.

Os emigrantes retornados terán dereito aos servizos asistenciais do catálogo de atención á dependencia, en igual contido e intensidade que o resto dos cidadáns. Adicionalmente, o goberno  poderá establecer medidas de protección a prol daqueles cidadáns non residentes no territorio do Estado.

A atención de persoas dependentes que sendo residentes no Estado carezan de nacionalidade española rexerase polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais e nos convenios que se estableza co país de orixe.

Quen é persoa dependente?

Unha persoa está en situación de dependencia cando con carácter permanente e por razóns derivadas da idade, enfermidade ou discapacidade, e ligadas á falta ou á perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan a atención doutra ou doutras persoas ou de axudas importantes para realizar as actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, precisan doutros apoios para a súa autonomía persoal.

As actividades básicas da vida diaria son as tarefas máis elementais da persoa que lle permiten desenvolverse cun mínimo de autonomía e independencia e que están referidas:

  • Ao coidado persoal (asearse, lavarse, controlar as necesidades de micción e defecación e utilizar o servizo, vestirse, comer e beber) os labores domésticos básicos (facer a compra, ocuparse das comidas, limpeza, lavado e pasado de roupa; mantemento da casa...).
     
  • Á mobilidade esencial (cambiar e manter diversas posicións do corpo; erguerse, deitarse, permanecer de pé ou sentado; desprazarse dentro do fogar ou polo contorno...).
     
  • Ás funcións básicas mentais ou intelectuais (recoñecer persoas e obxectos; orientarse; entender e executar ordes e tarefas sinxelas...).

 

discapacidade