Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Dependencia > Dependencia > Carta de servizos

Carta de servizos

A Carta de servizos é un instrumento de xestión de calidade que promove un proceso de análisis e mellora dos servicios dunha organización e un instrumento de comunicación ao cidadán dos derechos así como dos niveis estándar e compromiso de calidade ao que se axustará a prestación de ditos servicios.


A elaboración da carta de servicios foi por un proceso complexo e longo que se iniciou en maio do ano 2010. Especialmente significativo é que os traballos foron desenvolvidos por grupo formado por personal propio da Secretaría Xeral de Política Social e das Xefaturas Territoriais, aos que quero agradecer todo o traballo que neste campo desenvolveron durante estos máis de dous anos, así como aproveitar a ocasión para recoñecer o traballo que diariamente tódolos técnicos están a levar a cabo no desenvolvemento do sistema para a autonomía e atención á dependencia. Un proceso longo e complexo que foi titorizado pola DXARA, quen finalmente auditou os resultados acadados.


No seu afán de modernización e aposta pola mellora continua da calidade na prestación dos seus servizos dentro do ámbito da acción protectora que dá resposta ás necesidades das persoas en situación de dependencia, a Consellería de Política Social, a través da Secretaría Xeral de Política Social, publica hoxe no DOG a Carta de Servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia da (Orde do 12 de setembro de 2012, DOG nº 178, do 18 de setembro), que acadou o nivel de calidade e o distintivo correspondente a carta “auditada” , sendo a primeira carta auditada que se aproba en materia de servizos sociais.


A Carta de servizos inclúe un total de 7 servizos, 9 subservicios e 30 compromisos de calidade, a través dos cales se trata de dar resposta ás expectativas identificadas. Na carta, recóllese ademais a normativa reguladora dos servizos, os dereitos concretos dos usuarios e usuarias, as formas de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Social-Subdirección Xeral da Dependencia, as canles para a presentación das queixas e suxestións, os indicadores mediante os que se efectuará o seguimento acerca do cumprimento dos compromisos asumidos etc. É posible acceder ao seu contido íntegro desde a páxina web da Consellería de Política Social, na sección dedicada especificamente á dependencia http://benestar.xunta.es/web/portal/dependencia/


Dende a Secretaría Xeral de Política Social, a través da Subdirección Xeral da Dependencia, asumimos os compromisos expresados nesta carta, convencidos de que realizando unha avaliación continua destes e tendo presentes as necesidades e expectativas das partes lexitimamente interesadas no desenvolvemento da nosa actividade, poderemos seguir traballando para prestar servizos públicos cada vez de maior calidade.

Documentos relacionados

 

Programa "Respiro Familiar"

Dependencia