Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Inclusión > Prestacións > Complemento por aluguer de vivenda para persoas titulares de pensión non contributiva

Complemento por aluguer de vivenda a persoas titulares de pensión non contributiva

Normativa
Artigo 45. Dous da Lei 48/2015, do 29 de outubro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2016 sobre determinación inicial das pensións non contributivas da Seguridade Social.

Artigo 17.2 do Real Decreto 1170/2015, do 29 de decembro, sobre revalorización das pensións do sistema de seguridade social e doutras prestacións sociais públicas para o exercicio 2016.

Real Decreto 1191/2012, do 3 de agosto , polo que se establecen normas para o recoñecemento do complemento de pensión para o aluguer de vivenda a favor dos pensionistas da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva.
Requisitos
Poderán ser beneficiarias deste complemento as persoas que reúnan, á data da solicitude, os seguintes requisitos:

  • Ter recoñecida unha pensión de xubilación ou invalidez da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva, na data da solicitude e na de resolución.
  • Carecer de vivenda  en propiedade.
  • Ser titular dun contrato de arrendamento da vivenda.
  • Non ter co arrendador da vivenda alugada relación conxugal ou de parentesco ata o terceiro grao nin constituír con aquel unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal..
  • Ter fixada a súa residencia, como domicilio habitual, nunha vivenda alugada. Entenderase que é o domicilio habitual cando a vixencia do arrendamento non sexa inferior a un ano e residise na mesma durante un período mínimo de 180 días anteriores á data da solicitude.

Se na mesma vivenda alugada conviven dúas ou máis persoas que tivesen recoñecida unha PNC, só terá dereito a este complemento aquel que sexa o titular do contrato de arrendamento ou, de ser varios, o primeiro deles.
Solicitude do complementoLas persoas interesadas poderán dirixir a solicitude deste complemento á xefatura territorial da Consellería de Política Social da provincia de residencia. O prazo de solicitude deste complemento para 2016 finalizará o 31 de decembro.
A acreditación dos requisitos esixidos, así como outros aspectos relacionados coa resolución e, no seu caso, deveño e pago do complemento, suxeitaranse ao establecido no Real Decreto 1191/2012, do 3 de agosto, polo que se establecen normas para o recoñecemento do complemento de pensión para o aluguer de vivenda a favor dos pensionistas da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva.
Cuatía do complemento para 2016
A contía anual do complemento prevista no artigo 46. Dous da Lei 48/2015, do 29 de outubro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2016, ascende a 525 €.

 

Emerxencia social