Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Discapacidade > Accesibilidade > Código de accesibilidade

ACCESIBILIDADE

Código de accesibilidade

O libro Código de accesibilidade recolle un conxunto de fichas xustificativas do cumprimento dos criterios establecidos na normativa galega para a supresión de barreiras nos espazos urbanos, nos edificios de uso público e residencial, así como nos medios de transporte e no eido da comunicación. O libro inclúe a normativa vixente na materia.

O Código de accesibilidade representa unha ferramenta útil para profesionais, especialmente arquitectos, enxeñeiros, arquitectos técnicos, traballadores sociais, etc., así como para promotores de proxectos e para os propios concellos e institucións públicas. Os axentes de calquera proxecto, teñen facilitado así o seu traballo no eido de verificar se este se axusta ao que prevé a lexislación en canto a accesibilidade.
Esta publicación pretende contribuír non somentes a "conseguir o estrito cumprimento da normativa", senón tamén "a incorporación da accesibilidade en todas as políticas, plans e actuacións de forma transversal, superando as ópticas exclusivamente sectoriais", co obxectivo de "incorporar ao máximo os principios do deseño para todos".
 

 

 

discapacidade

 

Consultas sobre accesibilidade

Comisión Técnica de Accesibilidade