Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Discapacidade > Dependencia > Catálogo de servizos e prestacións

DEPENDENCIA

Catálogo

As persoas dependentes teñen acceso ao catálogo de prestación de atención á dependencia de acordo co seu grao de dependencia. Os servizos son prioritarios fronte ás prestacións económicas.

Servizos

O catálogo de servizos inclúe:

  • Teleasistencia e Xeolocalización

Facilitan a atención persoal inmediata no ámbito habitual da persoa usuaria para responder ante situacións de emerxencia, inseguridade, soidade ou illamento, mediante o uso das seguintes tecnoloxías:

- Un dispositivo instalado no domicilio e conectado á liña telefónica no caso da teleasistencia.

- Un dispositivo que proporciona información sobre situación e movementos da persoa usuaria (GPS) no caso da xeolocalización.

  • Axuda no fogar.

Actuacións levadas a cabo no contorno das persoas relacionadas coa atención de carácter persoal, que permitan á persoa usuaria a realización das actividades básicas da vida diaria, así como atencións de carácter doméstico e do fogar coa finalidade de incrementar a súa autonomía persoal e calidade de vida, posibilitando a permanencia no seu domicilio

  • Servizo de atención diurna.

Atención integral nun centro durante o período diúrno ás persoas en situación de dependencia co obxectivo de mellorar ou manter o nivel de autonomía persoal, así como apoiar as súas familias ou persoas coidadoras.

. Servizo de atención nocturna: atención integral nun centro durante o período nocturno para dar resposta ás necesidades das persoas en situación de dependencia, así como apoiar as súas familias ou persoas coidadoras.

 

  • Servizo de atención residencial:

Atención integral e continuada durante as 24 horas do día e nun centro residencial, de carácter personalizado, tendo en conta a natureza da situación de dependencia de cada persoa e a intensidade de coidados que precise.

Poderá ter carácter permanente cando o centro sexa a residencia habitual da persoa ou temporal cando se atendan estadías temporais, vacacións, fins de semana, enfermidades ou períodos de respiro familiar dos coidadores non profesionais.

  • Prestacións económicas. As prestacións económicas denominadas libranzas son:

     

    • Libranza para coidados no entorno familiar.

    Prestación económica de carácter excepcional destinada ás persoas en situación de dependencia, que son atendidas no seu domicilio por un coidador non profesional do seu contorno.

    A determinación da contía para cada persoa efectuarase en función do grao recoñecido e da capacidade económica de acordo coa contía do IPREM que se fixa anualmente, polo que se poderá percibir integramente, se a capacidade económica é igual ou menor que 1 IPREM, ou reducirase proporcionalmente se é superior. A contía dependerá, así mesmo, da dedicación horaria dos coidados.

    As contías máximas da libranza de coidados no contorno familiar aprobaranse anualmente mediante unha Orde e podense consultar no apartado "contías das prestacións económicas".

    http://benestar.xunta.es/web/portal/dependencia

    • Libranza de asistente persoal.

    Prestación económica destinada a facilitar a contratación, pola persoa en situación de dependencia, dun asistente persoal profesional que lle preste apoio para o acceso á educación, ao traballo e a unha vida máis autónoma.

    A determinación da contía para cada persoa efectuarase en función do grao e nivel recoñecido e da capacidade económica de acordo coa contía do IPREM que se fixa anualmente, polo que se poderá percibir integramente, se a capacidade económica é ata 2,5 veces o IPREM, ou reducirase proporcionalmente se é superior. A contía dependerá, así mesmo, da dedicación horaria dos coidados e nunca poderá ser superior ao prezo que se xustifique como aboado polo servizo recibido.

    As contías máximas da libranza de Asistencia Persoal aprobaranse anualmente mediante unha Orde e poderanse consultar no apartado "contías das prestacións económicas".

    • Libranza para a adquisición dun servizo.

    Prestación económica destinada a facilitar o pagamento dun servizo dos anteriormente mencionados, cando non sexa posible prestalo mediante a rede pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

    A determinación da contía para cada persoa efectuarase en función do grao e nivel recoñecido e da capacidade económica de acordo coa contía do IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) que se fixa anualmente, polo que se poderá percibir integramente, se a capacidade económica é igual ou menor que 1 IPREM, ou reducirase proporcionalmente se é superior. A contía dependerá, así mesmo, da dedicación horaria dos coidados e nunca poderá ser superior ao prezo que se xustifique como subscritor polo servizo recibido.

    As contías máximas da libranza vinculada ao servizo aprobaranse anualmente mediante unha Orde e poden consultarse no "contías das prestacións económicas".

    • Outros servizos e recursos para a atención da dependencia. En Galicia o catálogo de servizos contempla ademais:

    o    Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal. Servizo de axuda ao desprazamento programado e non urxente para achegar ás persoas con discapacidade e/ou dependentes a programas, centros ou servizos.


    Cando sexa necesario, o correspondente programa individual de atención fará constar as dificultades de mobilidade da persoa en situación de dependencia e a imposibilidade da utilización dos medios de transporte habituais para os efectos da prestación dun servizo complementario de transporte adaptado para a asistencia ao centro. O servizo de transporte adaptado poderá ser prestado pola entidade prestadora do servizo principal, ou conforme o establecido e segundo os requisitos do Decreto 195/2007, do 13 de setembro, polo que se regula o servizo galego de apoio á mobilidade persoal para persoas con disca¬pacidade ou en situación de dependencia.


    o Dentro do ámbito do sistema de atención á dependencia a Consellería de Política Social puxo en marcha un programa de formación non formal e apoio aos coidadores no profesionais de persoas en situación de dependencia con dereito recoñecido "Xuntos nos Coidados". Neste momento xa está a disposición o manual básico de formación para as persoas coidadoras non profesionais, así como os módulos específicos dirixidos aoidadores non profesionais de persoas con enfermidade mental, de persoas con demencia e de persoas con efermidades crónicas dos que se pode dispoñer a través da seguinte dirección

    http://benestar.xunta.es/web/portal/guias

    o En colaboración coa Consellería de Sanidade a instrumentación dun apoio continuo de atención telefónico aos coidadores non profesionais de persoas en situación de dependencia a través do teléfono 902 400 116 que ten como obxectivo prestar:

    o información e solucións ás situacións sanitarias non urxentes.

    o información sobre coidados asistenciais.

    o información sobre as características das probas médicas.

    o información sobre prevención e hábitos saudables.

    o información sobre centros e servizos sanitarios.

    o apoio psicolóxico.

    o Existen, ademais, axudas económicas destinadas a:

    • Adquisición e reparación de axudas técnicas para a autonomía persoal e productos de apoio
    • Eliminación de barreiras arquitectónicas e adaptación funcional.
    • Estas axudas teñen carácter de subvención polo que anualmente se publica unha convocatoria á que teñen acceso aquelas persoas recoñecidas en situación de dependencia.

 

discapacidade