Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Infancia > Protección da Infancia > Campaña Un de cada cinco

Campaña "Un de cada cinco"

 

Nacida no seo do Consello de Europa, ao abeiro do Convenio para a protección dos nenos contra a explotación e o abuso sexual (coñecido como Convenio de Lanzarote), a campaña “Un de cada cinco” xurde como instrumento para frear a violencia sexual contra os nenos, nenas e adolescentes. Entre os seus obxectivos principais atópase o de proporcionarlles aos nenos, ás familias e á sociedade en xeral coñecementos e ferramentas para previr a violencia sexual contra aqueles; deste modo procúrase crear conciencia acerca de todo o que constitúe violencia sexual contra os menores de idade.
 

A Consellería de Política Social, en colaboración co Consello de Europa, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a FAPMI (Federación de Asociacións para a Prevención do Maltrato Infantil) desenvolve a campaña “Un de cada cinco” en Galicia, e ofrécelles aos distintos axentes implicados na protección á infancia (profesionais dos ámbitos educativo, social, sanitario, xudiciais, etc,) a posibilidade de participar nestas actividades, poñendo á súa disposición toda a información necesaria para promover a prevención da violencia sexual e do abuso sexual infantil.


Entre as accións que poden desenvolver estes axentes, as máis significativas teñen que ver coa difusión da Campaña e os seus materiais, así como o deseño de accións formativas e de sensibilización dirixidas aos integrantes da rede de actuación e aos beneficiarios das súas actuacións.


Igualmente a Campaña Un de cada cinco ocúpase da formación de mediadores que poidan diseminar esta formación e a capacitación a outros contextos e perfís. Ao longo do desenvolvemento da campaña, lévanse a cabo unha serie de actuacións, debemos destacar as seguintes:

 

  • Prevención e sensibilización.
  • Difusión de información.
  • Accións formativas
  • Promocións de boas prácticas, estudos, investigación.

 

MATERIAIS

Ligazón

 

ACTIVIDADES REALIZADAS

  • Santiago de Compostela, 25. XI .2013. Presentación da campaña Un de cada Cinco en Galicia: Seminario de formación de mediadores en prevención do abuso sexual infantil.

Ligazón

Dossier de prensa

  • Madrid, 5.XII.2013 Participación en V Foro de Encontro "Xusticia e Infancia", cuxo obxectivo de traballo fai referencia aos "Avances e novos retos na protección da infancia e a adolescencia en España no actual contexto socio-económico".

Ligazón

  • Madrid, 10 e 11 de decembro de 2013: Conferencia Internacional co-organizada polo Consello de Europa e o Goberno de España sobre a prevención do abuso sexual infantil. Boas prácticas na prevención e intervención en abuso sexual infantil.

Ligazón

  • Pontevedra. 25. III. 2014.  Universidade de Vigo. Seminario "Formación de Mediadores en Prevención do Abuso Sexual Infantil"

Ligazón

Dossier de prensa

  • Santiago de Compostela, 10/11/2014. Seminario de formación para profesionais do ámbito educativo na prevención do abuso sexual infantil e adolescente.

Ligazón

Dossier de prensa

 

 

CÓMO ADHERIRSE?

Ligazón

 

SABER MÁIS

Ligazón

 

 

Maltrato infantil

 

Liña de axuda á infancia

[Teléfono de atención e emerxencias: Infancia - 116111]