Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Familia > Familias numerosas > Beneficios do título de familia numerosa

FAMILIAS NUMEROSAS

Beneficios do título de familia numerosa

BENEFICIOS DO RECOÑECEMENTO DE FAMILIA NUMEROSA

Deducións fiscais.

Imposto sobre a renda das persoas físicas

  • Deducións estatais
    • Familia numerosa de categoría xeral: máximo de 1.200 euros
    • Familia numerosa de categoría especial: máximo de 2.400 euros

Mais información: https://www.agenciatributaria.es/AEAT.internet/DFN_PD.shtml

  • Deducións no tramo autonómico
    • Familia numerosa de categoría xeral: máximo de 250 euros
    • Familia numerosa de categoría especial: máximo de 400 euros

Mais información: http://www.atriga.gal/tributos-da-comunidade-autonoma/imposto-sobre-a-renda-das-persoas-fisicas/resumo-medidas-normativas-da-ccaa-e-beneficios-fiscais

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

  • Na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas para adquisición da vivenda habitual:
    • Aplicación dun tipo reducido dun 4% fronte ao 8% aplicable na transmisión de inmobles que constitúan a vivenda habitual das persoas adquirentes.
    • Dedución do 100% na cota íntegra do imposto cando a vivenda habitual adquirida atópese  en áreas rurais ou nalgunha das parroquias que teñan a consideración de zonas pouco poboadas.
  • Na modalidade de actos xurídicos documentados para adquisición da vivenda habitual:
    • Aplicación dun tipo reducido dun 0,5% fronte ao 1% aplicable na transmisión de inmobles que constitúan a vivenda habitual das persoas adquirentes.
    • Dedución do 100% na cota íntegra do imposto cando a vivenda habitual adquirida atópese  en áreas rurais ou nalgunha das parroquias que teñan a consideración de zonas pouco poboadas.

Educación

  • Reducións das taxas na expedición de títulos e de prezos nas matrículas no ámbito educativo.
  • Preferencia na adxudicación de prazas nos centros sostidos con fondos públicos e nas convocatorias de bolsas de axuda ao estudo.
  • Incremento do 20 % na categoría xeral e 50 % na especial para beneficiarias ou beneficiarios por infortunio familiar cuberto polo seguro escolar.
  • Dereito ao subsidio por necesidades educativas especiais asociadas á discapacidade para o transporte e comedor.
  • Preferencia na adxudicación de prazas e redución ou exención, segundo os casos, nas tarifas que tivesen que aboar nas escolas infantís públicas.
  • Preferencia na adxudicación de prazas no Servizo de educación infantil contratado con escolas infantís para a atención de nenas/os de 0-3 anos de titularidade privada.
  • Preferencia na convocatoria de axudas para a atención de nenas e nenos de 0-3 anos en escolas infantís non sostidas con fondos públicos, a través do Bono Concilia.
  • Preferencia no acceso as prazas de residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e no acceso a prazas de colaboradoras ou colaboradores bolseiros para as ditas residencias.
  • Preferencia no acceso ás prazas de centros residenciais docentes dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e no acceso a prazas de colaboradoras ou colaboradores bolseiros para os ditos centros.
  • Preferencia no acceso ás prazas residencia nos centros dependentes da Consellería do Mar, nas modalidades de: residencia en pensión completa, media pensión e xantar diario non regular.

Ocio e tempo libre

  • Redución dun 30 % sobre o prezo que resulte das estadías nas residencias de tempo libre da Consellería de Política Social.
  • Descontos nos prezos relativos ás actividades socioeducativas do programa Acción de verán promovidas pola Consellería de Política Social.
  • Descontos nos campamentos para persoas con discapacidade organizados pola Consellería de Política Social.
  • Bonificacións no prezo de entrada aos museos, auditorios e teatros de titularidade estatal.
  • Preferencia nos programas de turismo e termalismo para persoas con discapacidade ou maiores da Consellería de Política Social.
  • Redución do 20 % para a categoría xeral e 50 % para a categoría especial da cota de aboamento dos participantes nas viaxes de turismo e quendas de termalismo para persoas con discapacidade subvencionados polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO).
  • Estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas en Galicia, Programa montaña en familia.

Vivenda

  • Beneficios no acceso á vivenda: tanto para a adquisición como para o alugamento de vivenda recollidos nos plans e programas de vivenda tanto estatais como autonómicos.

Mais información: Instituto Galego da Vivenda e Solo (981 541 982 e 981 541 981)

  • Dedución do 50 % no canon da auga. A dedución na cota por familia numerosa só poderá obterse na vivenda principal. E, de ser o caso, tamén gozarán dunha dedución do 50 % no coeficiente de vertedura.

Mais información: Augas de Galicia (981 957 327)

  • Bono social: bonificación na factura eléctrica para persoas consumidoras domésticas que formen parte duna familia numerosa.

Mais información: http://www.minetad.gob.es/energia/bono-social/Paginas/bono-social.aspx

Transporte

  • Redución do 50 % no imposto de matriculación dos automóbiles con capacidade entre 5 e 9 prazas.
  • Redución das tarifas de transporte por estrada (interurbano), ferrocarril, marítimo e aéreo (dependendo da categoría).
  • Descontos dun 20% para a categoría xeral e 50% para categoría especial, para aquelas persoas que formen parte dunha familia numerosa e sexan titulares dun contrato individual de tarxeta metropolitana de Galicia (TMG), que soliciten a alta na aplicación social da tarxeta metropolitana de Galicia (TMG) xestionada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Mais información: http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/aplicacion-social-do-transporte-metropolitano-de-galicia

Outros beneficios sociais

  • Exención das taxas de expedición do DNI e dos pasaportes.
  • Redución ou exención das taxas de inscrición nos procesos selectivos ou listas de contratación para persoal da Administración da Xunta de Galicia.
  • Bonificación do 45 % nas cotas á Seguridade Social para a contratación de unha persoa coidadora ao servizo da familia, sempre que as dúas persoas proxenitoras ou unha, no caso de ser monoparental, exerzan unha actividade profesional por conta allea ou propia fóra do fogar ou estean incapacitadas para traballar.

Cando a familia numerosa ostente a categoría especial, non será necesario que ambas persoas proxenitoras desenvolvan calquera actividade retribuída fóra do fogar.

    • Incremento do límite de ingresos para ter dereito ás asignacións económicas da Seguridade Social por prestacións familiares.
    • Incremento da duración do subsidio por maternidade non contributivo: As nais traballadoras que non acrediten o período mínimo de cotización necesario para a prestación de maternidade, poderán recibir unha prestación económica por importe do 100% do IPREM durante 42 días, incrementándose en 14 días máis no caso de familias numerosas ou na que con tal motivo acade a dita condición.
    • Ampliación do período considerado como cotizado e do de reserva do posto de traballo no caso de excedencia por coidado de fillas ou fillos.
    • Abono mensual de xeito anticipado das deducións do IRPF por persoa contribuínte que forme parte dunha familia numerosa. No caso das familias de categoría xeral ata 1.200 € e no caso das de categoría especial ata 2.400 €.
  • Carné familiar galego

É unha tarxeta persoal e intransferible á disposición das persoas que compoñen unha familia numerosa coa que obteñen vantaxes ou descontos en diferentes establecementos colaboradores con este programa en Galicia.
Mais información nas seguintes web:

TAXAS E PREZOS PÚBLICOS MUNICIPAIS

       As ordenanzas de taxas e prezos dos concellos recollen acotío tratamentos que teñen en conta a prestación de determinados servizos, entre os que cabe citar: o uso de piscinas e polideportivos municipais, centros cívicos, escolas infantís municipais, centros de ensino especializado, campamentos de verán, museos. Basicamente todas as medidas de apoio nas áreas citadas tenden a reducir, bonificar ou descontar as cantidades que cómpre abonar polos referidos servizos, atendendo ao número de persoas membros da unidade familiar.

       Para máis información, haberá que poñerse en contacto directo co concello.

IMPORTANTE
Para ter dereito aos beneficios é imprescindible ter o título de familia numerosa en vigor.

Para máis información consultar a Guía de recursos para as Familias

 

Unidos pola familia

Unidos pola familia