Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

SUBVENCIÓNS 0,7 IRPF

Data de inicio: 26/09/18. Data de fin: 05/11/18
  • Descrición:

    Segundo o establecido no artigo 27.23 do Estatuto de autonomía a Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de asistencia social. De acordo co disposto no Decreto 176/2015, do 3 de decembro, a Consellería de Política Social é o órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao que correspóndelle propoñer e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito do benestar, que engloban as competencias en materia de servizos sociais, incluíndo as políticas de familia, menores, benestar social, inclusión social, servizos comunitarios, inmigración, atención ás persoas discapacitadas e ás persoas maiores, a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia así como as políticas de mocidade e voluntariado.


    A concesión das subvencións a entidades do Terceiro Sector con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, é unha medida consolidada no tempo, arraigada na nosa sociedade e que constitúen unha vía esencial de financiamento a través de axudas públicas para a realización de programas de interese xeral.


    A anterior convocatoria, realizada no ano 2017, permitiu a realización de diversos programas impulsados por entidades do terceiro sector para a realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas

    .
    Para o financiamento desta convocatoria destínase, con cargo á anualidade 2018, crédito por importe total de dez millóns cincocentos setenta e nove mil cento cincuenta euros (10.579.150 €).


    O contido dos programas deberá axustarse ás liñas de actuación sinaladas a continuación, segundo a tipoloxía de cada programa:


    a) Liña I: actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica.
    b) Liña II: actuacións de inclusión social.
    c) Liña III: actuacións destinadas á atención, promoción da autonomía persoal e apoio
    das persoas maiores ou a persoas con discapacidade.
    d) Liña IV: proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención
    destinados a persoas maiores ou a persoas con discapacidade.
    e) Liña V: actuacións destinadas á xuventude.
    f) Liña VI: actuacións destinadas ao voluntariado


    Consideraranse como gastos subvencionables os que, de maneira indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada ao abeiro do correspondente programa e resulten estritamente necesarios, que se efectúen durante o ano 2019 e sexan efectivamente pagados antes do 15 de febreiro de 2020.


    O pagamento do 100 % do importe da subvención concedida realizarase dunha soa vez en concepto de anticipado, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución e, en todo caso, na anualidade 2018.
    A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva e non se poderá conceder subvención ás solicitudes que non obteñan unha puntuación mínima global de 50 puntos.


    O prazo de presentación de solicitudes remata o 05/11/18