Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Orde do 12 de xuño de 2017 pola que se convoca o procedemento para a concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma para o ano 2017.

Data de inicio: 21/06/17.
  • Descrición:

    Publicación: 21 de xuño de 2017.

     

    Obxecto:

    Convocar para o ano 2017 o procedemento para a concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento BS423D).

    O outorgamento das axudas a que se refire esta convocatoria realizarase a través da modalidade de pagamento único e de forma continuada ata esgotar o crédito orzamentario consignado para estes efectos na aplicación orzamentaria 12.02.312B.481.0 dos orzamentos do ano 2017 da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, cunha contía global de 20.000 €.

    Tipo de axuda e contía

    Consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e os adultos, e en 37,5 € para os menores de 12 anos.

    Solicitudes e prazo de presentación de

    A solicitude presentarase a través do formulario normalizado que figura como anexo I a esta orde, que estará dispoñible na guía de procedementos e servizos que se atopa no enderezo: https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos 

    O prazo para a presentación das solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte

     

    Persoas beneficiarias

    Poderán ser beneficiarias destas axudas as familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Requisitos das persoas beneficiarias

    Ademais dos requisitos determinados no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán requisitos necesarios para a concesión desta axuda:

    a) Que a persoa solicitante forme parte dunha unidade familiar considerada como numerosa, segundo o establecido no artigo 2 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas e no artigo 10 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

    b) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.

    c) Que o título de familia numerosa estea en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

    d) Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500 € anuais.