Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Axuda económica ás familias con nenas ou nenos nados no 2016 a través da TARXETA BENVIDA

Data de inicio: Invalid Date.
  • Descrición:

    Esta axuda económica está destinada ás familias con nenas ou nenos nados durante o ano 2016, co fin de contribuír a sufragar os gastos derivados da súa crianza durante o primeiro ano de vida.

    Esta axuda instrumentalízase a través da tarxeta benvida, cuxo obxectivo é adquirir produtos básicos para a nena ou neno, como leite e outros alimentos infantís, cueiros, produtos de hixiene infantil e produtos farmacéuticos; unicamente, poderá ser empregada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación.