Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Inclusión > Prestacións > Axudas de inclusión social (AIS)

PRESTACIÓNS

Axudas de inclusión social (AIS)

As axudas de inclusión social son prestacións económicas non periódicas que teñen como finalidade posibilitar ou reforzar os procesos de inclusión social das persoas ou familias afectadas, así como atender as situación de grave emerxencia de persoas ou familias vulnerables que poidan desencadear un proceso de exclusión social. As axudas de inclusión social están destinadas a sufragar gastos extraordinarios e urxentes e, se é o caso, a financiar actuacións de acompañamento ou reforzó de carácter excepcional vinculadas ás medidas de apoio dos diferentes tramos da renda de inclusión social de Galicia.

Requisitos xerais de acceso

Poderanse beneficiar destas axudas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ser maior de idade.
  • Estar empadroado ou empadroada e ter residencia constatada polos servizos sociais comunitarios básicos en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Non dispor de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación que xustifica a solicitude da axuda. Consideraranse ingresos insuficientes cando non sexan superiores ao 125% do importe do tramo persoal e familiar da renda de inclusión que lle correspondería á unidade de convivencia.


Presentación de solicitudes

  • Servizos sociais comunitarios básicos do concello de residencia
  • Xefatura territorial da Consellería de Política Social da provincia de residencia.

Normativa de aplicación

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131231/AnuncioC3B0-261213-0001_gl.pdf
 

Documentos relacionados

 

Emerxencia social