Consellería de Política Social

Inicio > Portada > Temas > Infancia > Adopción > A adopción nacional

adopción

Adopción nacional

A adopción é unha medida de protección destinada a ofrecer a un neno unha familia alternativa á súa famila de orixe, de xeito definitivo.

Á vez, é unha institución xurídica de integración familiar que, por medio dunha decisión xudicial, crea entre adoptante/s e adoptado un vínculo de filiación idéntico ao dos fillos por natureza, ao mesmo tempo que se extinguen os vínculos xurídicos entre o adoptado e a súa familia biolóxica. A adopción unha vez constituída é irrevogable.

Salvo casos excepcionais (previstos no artigo 176-2º do Código Civil) para iniciar un proceso de adopción débese tramitar un expediente administrativo previo ante a entidade pública de protección de menores (Consellería de Política Social)
 
¿Que nenos poden ser adoptados?

Con carácter xeral só poden ser adoptados os menores non emancipados, nos que concorra algunha das seguintes circunstancias:
•    Que os seus pais fosen privados da patria potestade.
•    Que os pais desen a súa conformidade para a adopción. No caso de recen nacidos, o asentimento da nai non poderá prestarse ata que teña transcorrido 30 días dende o parto.
•    Que fosen abandonados.

Se o neno é maior de doce anos, deberá prestar o seu consentimento para ser adoptado.

¿Quen pode adoptar? 
De acordo coa lexislación española e galega, con independencia do seu estado civil calquera individuo, matrimonio ou parella de feito pode solicitar una adopción nacional. No caso de seren cónxuxes ou parellas de feito a vontade de adoptar debe ser compartida por parte de ambos os dous.

Ademais é necesario cumprir os seguintes requisitos:
•    Ter como mínimo 25 anos cumpridos; no caso de solicitude conxunta por unha parella, bastará con que un deles teña esta idade. En todo caso, o adoptante deberá ter, polo menos, 14 anos máis que o adoptado.
•    Ter residencia habitual na Comunidade Autónoma galega ou ser emigrante galego con previsión de retorno; neste caso deberase xustificar a residencia efectiva na comunidade autónoma no prazo máximo dun ano desde a data de presentación da solicitude.
•    Ter plena capacidade xurídica e de obrar.
•    Estar declarado persoa idónea para a adopción tras o correspondente procedemento de valoración.

Mais información: http://adopcions.xunta.es
 

Documentos relacionados
Ligazóns relacionadas

 

Prevención na parella